UN TABOLEIRO DE CERDEIRA
Situación: Pontevedra, Galicia
Ano: 2024
Tipo: Residencial
Programa: Deseño e mobiliario
Área: 3,50 m²
A reforma integral dun baño xusto en dimensións, 3,50 m², sen iluminación natural, con formato alongado e en metade dun corredor, convértese nunha reflexión ao redor de cales son os elementos imprescindibles para o aseo persoal e cal a secuencia do seu uso: 1)Wc – (2)Lavabo – (3)Ducha, función matinal, ou (3)Ducha – (2)lavabo – (1)Wc , función nocturna, ou (1)WC – (2)lavabo, función esporádica, xerando de forma lineal un ámbito operativo e de sucesiva orde.
O aproveitamento destas accións da maneira máis eficiente, sen malgastar espazo, deriva na concepción dun elemento que as englobe. Xorde a idea dun moble contedor, almacenamento, lavabo, e nos extremos os aparellos sanitarios de ducha e W.C.
Como exercicio teórico levase á práctica empregando un taboleiro de cerdeira, sen ningún desperdicio, tendo en conta o veteado da madeira para a disposición dos cortes.