RÍA
Situación: Samieira, Poio, Galicia
Ano: 2022
Tipo: Residencial / Paisaxe
Programa: Piscina, paisaxismo, accesibilidade
Área: 200 m²
Recíbese a encomenda privada para a construción dunha piscina no xardín dunha vivenda unifamiliar recentemente adquirida, a mellora paisaxística e a accesibilidade. Os propietarios non son favorábeis à utilización de vexetación, preferindo terreos duros e de baixa manutención.
O proxecto torna-se unha copia da linguaxe tectónica da casa: o abatemento da lousa de formigón tan rotunda ao chan, xerando o baleiro da piscina. Unha simetría do aleiro na soleira do chan, unha pequena franxa de natureza conduce despois a un mosaico de gres porcelanico cálido en tons semellantes aos do formigón lavado da casa. Unha rampla de dúas seccións dun lado de aceso ao xardín e unha escada do outro ligando os dous niveis.