MAREAS
Situación:
Cangas do Morrazo, Galicia
Ano: 2016
Tipo: Equipamento
Programa: Centro de Talasoterapia e Piscinas de Marea – Rehabilitación de fábrica de salazón
Área: 26.000 m²

Proxecto Final de Carreira na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona: Reordenación do espazo natural de Punta Balea, Parque Patrimonial e Reconversión de antiga fábrica de salazón en piscinas de auga salgada e de mareas.
É este PFC unha investigación dun tema complexo : Arqueoloxía industrial que sobrevive nos bordes marítimos da nosa paisaxe, nas Rías.
Edificios singulares que crearon e explican un espazo social, económico, cultural e produtivo, aquel dos seus mariñeiros e habitantes, pegadas no territorio infravaloradas.
A falta de comunicacións por terra motivaba toda unha cadea produtiva ao redor da actividade pesqueira río arriba e desembocaba nestes recintos fabrís constituíndo algún porto importante.
Son as “salgadeiras”, situadas ao carón do mar, cuxa técnica de conservación remóntase á época romana, o espazo xerme da industrialización en Galicia ao redor das cales creceu o resto de industria existente. Época de esplendor da Galicia conserveira na Europa do século XX.
Actualmente máis de 100 fábricas inventariadas están abandonadas na Ría de Vigo, a conta aumenta a medida que subimos cara ás do Norte. O proxecto quería redescubrila historia, recuperala para a memoria do pobo, devolver o uso ligado ao mar ás edificacións, en definitiva, valoralo propio.

© Mariña Jordan Arquitectura 2024 | by Marmarru Studio

Política de Privacidade | Política de Cookies | Aviso Legal