ENTREMUROS
Situación: Fondodevila, Parada de Sil, Galicia
Ano: 2017
Tipo: Residencial / Rehabilitación / Paisaxe / Urbanismo
Programa: Rehabilitación de núcleo tradicional para 4 vivendas
Área: 590 m²
Coautores: Esteban Terradas, Pablo Ayala
Concurso público para a rehabilitación de construcións tradicionais no lugar de Fondodevila para destinalas a vivendas de residentes do municipio de Parada de Sil.
A reactivación e posta en valor do conxunto edificado tradicional, en avanzado deterioro no momento de licitación do concurso, exponse como unha reformulación dos espazos concretos da aldea e os seus arredores.
A contorna da parcela de actuación, o núcleo rural, está formado por unha mestura de ruína e restauración. É nesta dicotomía do seu estado que o proxecto quere abordar plásticamente a proposta. Prodúcese unha adaptación tectónica do material da madeira á pedra orixinaria, un contraste, unha imbricación na ruína do novo material.
A relación da volumetría engadida cos muros existentes nas cotas inferiores xera patios para a ventilación natural e o recollemento e nas cotas superiores sobresae voluptuosamente buscando luz e confort.
Unha dialéctica, teórica e formal, entre as necesidades modernas da vivenda contemporánea, xa non tan ligada no mundo rural ás labores do campo, e os muros pétreos da casa popular. Aquí mantéñense e participan na creación deses espazos intermedios que lembran aos empedrados onde gardar os apeos de labranza ou os carros como espazos de transición entre o doméstico e o agrario.