DÚO
Situación: Castelldefels, Cataluña
Ano: 2019
Tipo: Residencial
Programa: 63 VPO
Área: 8.000 m²
Coautores: Esteban Terradas, Pablo Ayala
Premios: 5º Premio, I.M.P.S.O.L
Concurso público para a construción de 63 VPO, vivenda de protección pública, na Parcela H1 de Castelldefels.
Unha contorna natural, con vistas á montaña a norte e ao mar a sur, require dun edificio permeable. O gálibo esixido proxecta en planta un polígono equivalente a dous cadrados maclados. Para poñer en valor esta unión, resólvese o seu funcionamento xeometricamente cun “lazo”: A proposta enténdese como un miradoiro, de imaxe aberta e extrovertida, gran terraza perimetral exterior. En tódolos niveis, a sur convértese en extensión da vivenda e a Norte en zonas de uso comunitario. É o gran atrio central vexetal onde se sitúan os núcleos de comunicación e os espazos de circulación que funciona como o potente regulador térmico do edificio. Nel prodúcense a ventilación natural de todo o conxunto, a iluminación e a vida de convivencia veciñal.