CAEIRA
Situación:
Pontevedra, Galicia
Ano: 2024
Tipo: Paisaxe / Residencial
Programa: Intervención estético-funcional de vivenda
Área: 120 m²

Recíbese o encargo particular de “renovar esteticamente” a fachada dunha vivenda unifamiliar da urbanización da Caeira, en Pontevedra. Unha serie de queixas/peticións xorden na primeira visita: Unha porta de entrada sen espazo exterior, inexistencia de paragüeiro e zona de abrigos, acceso non acolledor, pouco aproveitamento da zona pavimentada que rodea a fronte.
Os condicionantes construtivos, dimensións e posibilidades de orzamento e a nivel normativo, os cambios non poden ser significativos do que hai e deben actuar só a un nivel superficial, derivan na toma de varias decisións:
Unha soleira que regularice o nivel de acceso cos próximos de esparcemento e xere a base dun espazo cálido anexo á entrada.
A colocación dunha armazón de madeira, con seccións verticais e en falso teito a modo de soportal. Permite unificar os sucesivos planos de fachada existentes, formar un moble de entrada, alongar o seu ámbito, dar a posibilidade de cubrir con vexetación, e homoxeneizar naturalmente o volume rotundo de cemento que é a vivenda creando unha lectura unitaria do conxunto.
O uso dunhas guías metálicas no aleiro que dirixan o crecemento dunha especie vexetal concreta situada no centro da fachada nunha xardineira dimensionada para tal fin.
A fachada píntase dun branco roto colocando un zócalo de pezas de granito de formato alongado similar ao empedrado horizontal.

© Mariña Jordan Arquitectura 2024 | by Marmarru Studio

Política de Privacidade | Política de Cookies | Aviso Legal