A CASA TABERNA
Situación: Sartal, Poio, Galicia
Ano: 2025
Tipo: Residencial / Rehabilitación
Programa: Rehabilitación,  demolición- ampliación, e paisaxismo de casa – taberna tradicional de 1900. Conversión a vivenda unifamiliar con piscina e construccións auxiliares.
Área: 392 m²
Equipo: Carolo Losada Soto (Estructura), Julio Méndez Casais (Arq. Técnico), Geo-matik (Topografía), Maderas Rubén (obra madeira), contratista obra ( a definir )

Trátase dunha construcción de principios de século XX, pertencente ao tipo de arquitectura indiana, aínda que con variantes relativas ao encalado e ornamentación, caracterizada por unha volumetría rotunda con cuberta a dúas augas e unha construción de cachotería de excelente calidade. Naceu coma casa – taberna, datada en 1920, no núcleo rural de O Sartal, e o seu uso permaneceu inalterábel ata fai relativamente pouco, xa entrados os anos 90.

O volume orixinal diferenciaba a dualidade de uso :  o hosteleiro englovaba a totalidade da planta baixa e toda a planta primeira estaba destinada aos cuartos da familia. Vida e traballo nunha mesma arquitectura. Ademáis, debida á forte pendente da parcela na que se asentaba, había dous vaciados do terreo para o aproveitamento de dependencias destinadas aos animais e almacenaxe agrícola. O conxunto edificado completábase cun hórreo ao descender pola topografía ademáis da superficie de cultivo que se extende cara baixo. Ao longo do tempo sofriu moitas alteracións, engadidos de volume nos anos 50, 60, 70, de toda índole e caracterizados por unha moi baixa calidade construtiva, que respondían a unha necesidade de almacenaxe urxente á medida que a actividade ía crecendo. Hoxe a rehabilitación está promovida por unha nova xeración, que ve nesta edificación un espazo de vida, unha oportunidade de recuperalo  patrimonio familiar.

A rehabilitación plantéxase primeiramente coma un acto de limpeza. Precísase entender e clarificar toda a amalgama temporal de actuacións. A reflexión en torno a unha arquitectura e o seu entorno, pasa neste caso por entender a evolución, e establecer certos niveis de intervención e protección. Hai unha necesidade por un lado de desnudar o conxunto e facer ver a construcción orixinal de cachotería, e por outra de ordear a relación da vivenda co exterior, a un nivel topográfico, tanto en acceso, como en percorridos. O uso da madeira, recuperando no interior todas as vigas maestras de castaño facendo que traballen estructuralmente, obrigando ás estructuras antigas a seguir tendo a función primixenia e a convivir ca nova. Por outro, unha lectura poética de todo o volume que queda baleirado, despois de restar todos os m2 innecesarios, que sí o eran cando se edificou a taberna. Hai esta intención de construir só o imprescindíbel. En definitiva, a rehabilitación busca que se viva mediante o camiño, o percorrido e o descubrimento unha arquitectura tan nosa.

© Mariña Jordan Arquitectura 2024 | by Marmarru Studio

Política de Privacidade | Política de Cookies | Aviso Legal