A CASA DO PINCHO
Situación: Raxó, Poio, Galicia
Ano: 2024
Tipo: Residencial / Rehabilitación
Programa: Rehabilitación e ampliación de vivendas tradicional
Área: 146 m²
Equipo: Carolo Losada Soto (estructura), Maderas Rubén (madeira), Jose Manuel Piñeiro (Arq. Técnico), Geo-matik (Topografía), Estudios Mikar (Geotecnica)
Rehabilitación e ampliación de vivenda tradicional mariñeira, “A Casa do Pincho”, de 1900, na vila mariñeira de Raxó.
Unha “corredoira”, camiño rural estreito de carro, característico da paisaxe en Galicia e de gran interese histórico-etnolóxico, delimita toda a fronte da parcela. Constitúena orixinariamente dous volumes, o da vivenda e o adxectivo para animais domésticos.
O proxecto propón o uso de xeometrías simples, (triángulo, cadrado, rectángulo), en consideración á xénese primixenia da que parte a arquitectura vernácula, de construción elemental, representada aquí no arquetipo de Casa do Pincho, construción xeneralizada datada nos séculos XII – ao s.XX na costa galega.
Enténdese unha relación áurea dos dous volumes: o orixinal e a ampliación. Proporcións en planta, na súa altura, e na disposición en forma de “L” do conxunto.
A topografía existente de forte pendente cara ao mar xera os consecutivos estratos tectónicos que van buscando as cotas dos muros, dos apoios e xerarquizan a vivenda.
O xesto: un pavillón vidrado de lectura seccionada, unha ponte entre xardín e paisaxe, un espello que reflexa a actividade da Ría, con pretensión de ser etéreo, de intensificar a experiencia do habitar e do lugar.