Mariña Sabela Jordán De La Peña
Raxó, 1989
Nace en 1989, a cabalo entre o mar e o campo, entre as Rías Baixas e un val da Galicia interior. Licénciase no 2016 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona. Dous anos antes outorgáselle a Beca de estudos na École Nationale Supérieure d’Architecture de Paris-Belleville. Comeza a profesión en Barcelona e no 2021 a súa andaina independente na vivenda-estudo en Pontevedra.
“Sendo a arquitectura unha labor propia do pensamento, citarei tres conceptos xenuínos que considero o xerme da reflexión arquitectónica: A historia, A existencia e A imaxinación coma os tres İos argumentais que entretecen e entreteñen os meus quefaceres diarios. O Tempo, a dimensión operante neles, paradoxo cargado de simbolismo e ambigüidade.
Interésame a arquitectura como disciplina, non en termos histórico-materiais, que tamén, senón como campo para a posibilidade sensíbel. Escenario de experiencia do usuario co seu medio, “ca” e “dende” a súa cotiandade, e principalmente, ca súa espiritualidade. Unha obra de experimentación, a miña propia e en última instancia, allea. Suxeito e materia, materia e suxeito, altéranse e altérnanse mutuamente, historicamente, nunha sorte de dialéctica eterna onde o “eu” e “a paisaxe” actúan como lente, e á vez, coma espello.
EDUCACIÓN | ||
2023 |
Máster universitario Ensinanza da Expresión Artística e o Debuxo, U.C.A.M. | |
2021 |
Passive House Designer, Passive House Institut PHI. | |
Beca 2013-2014 |
Université Paris-Est, E.N.S.A.P.B, Paris | |
2008-2016 |
Universitat Politécnica de Catalunya UPC, E.T.S.A.B, Barcelona | |
PREMIOS | ||
2024 |
Obra seleccionada “Nova Arquitectura Galega”. | |
2019 |
5º Premio, “70 Vivendas V.P.O Castelldefels”, coautor. | |
2018 |
5º Finalista, Hospital Joan XXIII Tarragona, colaborador. | |
2017 |
5º Premio, “Centro atención integral Parc Can Ferrero”, coautor. | |
2017 |
5º Premio, “Casal de Barri Canals i Yunyer”, coautor. | |
2016 |
1º Premio, “Teatro-Auditorio José Antonio Valls”, coautor. | |
2000 |
1º Premio, Deseño Mascota, Logo Campaña Reciclaxe. | |
EXPOSICIÓNS | ||
2024 |
“Mostra Nova Arquitectura Galega”. | |
2022 |
“Proxecto piloto VPO“, GVA – E.T.S.A.V. |